Crowdfunding · Documental 2026

Bar Boo

O home que converteu a Conan nun bárbaro, que morreu dun disparo de Clint Eastwood, que caeu dende o alto dun faro empurrado por Kirk Douglas, que cabalgou xunto a Sean Connery, que retou a Timothy Dalton… e que, aínda así, ninguén coñece.
Dirixido por Josiño Araújo
Producido por Miriam P. Álvarez • Josiño Araújo
Director de fotografía Rubén di Groovie
Música Xavier Bértolo
Estrea estimada setembro / outubro 2026
Cartel oficial do documental Bar Boo
A Causa

BAR BOO é un documental que pretende reivindicar a figura do falecido actor vigués Luis Bar Boo. O equipo leva dous anos preparando este filme, traballando arreo para homenaxear o camaleónico actor. Gravado na súa totalidade e en plena fase de montaxe, moitas foron as entidades, familiares e personalidades do cinema que se prestaron a participar no proxecto desinteresadamente.

Con todo, a TVG, a televisión pública galega, non nos facilitou o acceso gratuíto a certos clips nos que aparece Bar Boo e que entendemos fundamentais para finalizar o documental. A cantidade que nos piden pola cesión dos dereitos destas imaxes, cuxa duración non excede de 59 segundos, ascende a 1.600 €.

É por iso que vos pedimos unha axudiña final — a cambio dunhas fantásticas recompensas — para rematar o filme por todo o alto.

Tráiler oficial · Bar Boo (2026)
As Recompensas

Por cada tramo, unha homenaxe ao seu cinema.

10 €
«Por un puñado de dólares»
  • Mecenas nos créditos finais do documental
20 €
«La maldición de Frankenstein»
  • Mecenas nos créditos finais
  • Link privado para visualizar o filme na súa estrea
30 €
«La luz del fin del mundo»
  • Mecenas nos créditos finais
  • Link privado para a estrea
  • Postal co fabuloso cartel do filme
50 €
«El viento y el león»
  • Mecenas nos créditos finais
  • Link privado para a estrea
  • Postal co cartel
  • Póster do documental (70×50)
Busto de Luis Bar Boo
Recompensa estrela
100 €
«Conan el Bárbaro»
  • Mecenas nos créditos finais do documental
  • Link privado para visualizar o filme ao tempo da súa estrea
  • Postal co fabuloso cartel do filme
  • Póster do documental (70×50)
  • Busto de Bar Boo — peza única
Obxectivo · Dereitos TVG
1.620 € de 1.600 €
0%
25%
50%
75%
100%
Último paso

Grazas!

Completa o pago por Bizum ao número:

679205369

Para axudar a identificar a túa doazón, usa este concepto no pago:

Concepto